Ataque Escampe — A Abordaxe Final letra
A página contém a letra e a tradução da música "A Abordaxe Final" de Ataque Escampe.
Letra
Ultimamente penso
que nos collemos dos garfios,
que nos deixamos levar e o mar
fai o seu traballo.
O tiburón é unha especie
á que todo lle dá igual:
estamos no mundo para acabar
no ventre do animal.
Por que non falar de amor?
Hai glamour na morte,
agora xa quen o dubida.
Baixo os teus pés ten que crecer unha cidade
afundida.
Imaxina que bebemos unha última botella de ron:
estamos no mundo para acabar
convertidos en carbón.
Pero non me irei sen ti.
E as algas que nos crezan
nas órbitas dos ollos
farán chorar co paso
dos anos os biólogos.
Deixa que che pase
a lingua pola perna de pao:
estamos no mundo para acabar
tan lonxe do peirao,
na abordaxe final.
Tanta auga e verás
como ardemos para sempre.
Tanta auga e verás
como ardemos para sempre.
Tanta auga e verás
como ardemos para sempre.
Tanta auga e verás
como ardemos para sempre.